Plataforma ecoPFN

Modalidades de uso

Vostede pode disfrutar da Plataforma ecoPFN da maneira que máis lle conveña ao seu negocio. Comprobe como algunha das nosas modalidades adáptase plenamente ao que vostede precisa.

Compra

Vostede pode comprar a Plataforma ecoPFN para ser instalado no seu propio servidor, tanto si se atopa no interior das súas instalacións como se dispón dun servidor dedicado ou compartido nun proveedor externo de servizos de Internet.

Teña en conta que esta é unha aplicación de código aberto (excepto as librerías licenciadas), polo que vostede poderá modificar a súa apariencia ou funcionalidade para adaptala plenamente aos seus gustos e necesidades.

Modalidade ASP

Pode utilizar a Plataforma ecoPFN en modalidade de pago por uso, configurando as súas aplicacións de empresa para que invoquen os servizos de sinatura da plataforma e publiquen a información asinada dos seus clientes.

Consulte a información detallada na sección de Servidor ASP.

Partners

Como Partners Integradores disporán dunha Plataforma ecoPFN propia como elementos que lle axudarán a utilizala plenamente con vistas as súas implantacións.

Vostede obterá a aplicación e licencia para poder desenvolver e integrar novas aplicacións neste entorno.

Integración nas súas aplicacións web

A Plataforma ecoPFN naceu con vocación de ser integrada en calquera aplicación web para que poida dar servizo a todo o mundo. A enorme facilidade de integración e personalización permitiranlle engadila como un módulo de funcionalidades, incorporando a sinatura electrónica, o cifrado e a facturación electrónica nunha única aplicación.

Castellano Galego