Os usuarios da Plataforma ecoPFN poderán acceder da maneira que o administrador desexe.
A opción por defecto é a de permitir acceder con usuario e contrasinal, pero poderá ser configurado ademais para permitir o acceso mediante certificados de empresa, DNIe, certificados de FMNT, etc..., todo isto de xeito totalmente configurable e independente para cada usuario.
Vostede poderá permitir acceder dunha ou outra maneira ou posibilitar o uso de ámbalas dúas.
Poderá clasificar a información de maneira perfectamente clara e ordeada.
Nun simple vistazo atoparás os documentos que precisas e o tempo de formación aos seus clientes no uso da Plataforma ecoPFN será realmente baixo.
Ademais conta cun buscador que lle permitirá localizar calquera documento por moi agochado que se atope.
Os usuarios poderán xestionar e modificar o seu perfil (se vostede llo permite), podendo editar o seu nome, enderezo electrónico e contraseñas de acceso.
Ademais poderán xestionar de xeito completo os seus certificados, engadindo ou eliminándoos según as súas necesidades. A Plataforma ecoPFN non garda os contrasinais dos certificados de usuario, e sendo unha aplicación de código aberto, é algo que poderá verificar vostede mesmo.
Coa Plataforma ecoPFN vostede poderá realizar accións como asinar dixitalmente, cifrar, descifrar ou verificar documentos de maneira sinxela e rápida.
Non precisará instalar ningunha ferramenta nin no seu ordenador nin no dos seus clientes, e para poder facer todas estas operacións só precisa conexión a internet e un navegador web.
Unha das accións máis interesantes que poderá realizar, e como complemento a sinatura dixital, é a de validación de documentos asinados dixitalmente.
Vostede poderá comprobar a validez dunha sinatura dixital, a revocación do certificado que se usou na súa sinatura, se dispón de selo de tempo dun servidor TSA e moita máis información que lle axudará a recoñecer o nivel de seguridade e integridade dos seus documentos.
Dende a Área de Administración poderá controlar todo o que ocrre na Plataforma ecoPFN de maneira sinxela e eficaz.
Dende un panel central vostede poderá crear diferentes áreas de acceso, usuarios, grupos e configuracións, todo isto relacionado entre sí para ofrecer mil e unha opcións de configuración.
Ademais conta cun completo xestor de informes e rexistros, donde poderá ver tódalas acciónes que realizan os usuarios, así como os accesos detallados dos mesmo á plataforma.