Plataforma ecoPFN

Características

  • Sinatura electrónica en tódolos formatos PKCS#7, CMS, PDF, XML
  • Cifrado Simétrico e Asimétrico
  • Consultas en tempo real de validez de certificados (OCSP)
  • Selado de Tempo Seguro (TimeStamping)
  • Autenticación con usuario/contrasinal con certificados dixitais
  • Control de trazabilidade de accións de usuario coa información
  • Sinatura electrónica por lotes provintes dun ERP ou aplicacións de Xestión
  • Compatibilidade e integración 100% con ecoFactura e ecoAsesoría
  • Compatibilidade 100% con ESecure
  • Ideal para certificados dixitais de Selo de Empresa e Pertenza a Empresa
  • Aplicación multiplataforma instalable en sistemas Windows, GNU/Linux, Mac, UNIX, etc...
  • Plataforma de código aberto con librerías binarias de Sinatura e Cifrado licenciables

Que é a Plataforma ecoPFN?

Que é a Plataforma ecoPFN

A Plataforma ecoPFN é unha ferramenta de código aberto (excepto as librerías licenciadas) desenvolvida en PHP, XHTML, CSS e JavaScript e con soporte para MySQL.

Esta ferramenta é un novo producto desenvolto a partir do xestor documental PHPfileNavigator e que inclúe, entre outra moitas características adicionais, a sinatura, cifrado e validación de documentos dixitais.

Este novo producto é moito máis que unha sinxela adaptación xa que se ampliaron e optimizaron tódalas súas funcionalidades, así como engadíronse novos controis e monitorización das accións que ocorren durante o uso da plataforma.

Vostede poderá instalar a Plataforma ecoPFN no seu servidor, independentemente do sistema operativo que estea a usar (require soporte para certo software) para dar un servizo a tódolos seus clientes e empregados, ou tamén poderá instalar a plataforma de xeito individual para cubrir as necesidades de sinatura, cifrado e validación en sistemas operativos que non dispoñan aínda de ferramentas para tales accións.


Máxima seguridade

Aplicación segura

O noso software está desnvolto aplicando as máis estrictas regras de seguridade informática.

A súa efectividade neste campo pódese apreciar traballando baixo entornos SSL, donde o seu rendimento e funcionalidade é óptima. Vostede poderá configuralo de maneira sinxela para adaptalo ao seu propio entorno. así como poderá configurar os usuarios da plataforma cunha gran amplitude de opcións de seguridade, como por exemplo, limitar a certos usuarios que só poidan descargar e subir documentos e a outro para que poidan ademais copiar, mover, eliminar, crear directorios, etc...

Usando a Sinatura Dixital, os seus usuarios poderán asinar PDF e XML de maneira transparente, así como calquera tipo de arquivos que empregen formatos avanzados do ETSI como TS 01 733 (CAdES) e TS 101 903 (XAdES), usando os seus propios certificados, ou os certificados de empresa, tarxetas criptográficas, certificados temporais, sinatura en cliente, etc...

Poderán tamén cifrar e descifrar documentos con certificado electrónico ou contrasinal, así como verificar de maneira detallada os datos das firmas aplicadas a un documento.

Na súa completa Área de Administración vostede poderá xestionar por completo a plataforma, así como visualizar os informes de accións donde estará informado dos accesos dos usuarios a mesma, con detalles como a data e hora, usuario ou IP, así como dos accesos non válidos.

Outro importante detalle son os informes de accións donde tódalas accións que se realicen no sistema (asinar, cifrar, copiar, mover, eliminar, ...) está minuciosamente monitorizadas para que vostede dispoña dun absoluto control de todo o que ocorre ou ocorreu.


Acceso permanente aos documentos

Sempre dispoñible

Grazas a esta ferramenta poderá mellorar enormemente a relación cos seus clientes, dándolle a oportunidade de acceso instantáneo, seguro e de maneira constante a toda a documentación ou facturas electrónicas que desexe compartir con eles. Non necesitarán agardar a que voste se atope na súa oficina, co único requirimento de conexión a internet e dun navegador web o seu cliente poderá recuperar toda a súa documentación sin que a súa empresa perda nin un só minuto.

Esta plataforma axúdalle a aforrar ao reducir drásticamente o envío por correo postal da información aos seus clientes, permítelle a sinatura masiva e distribución da información sensible e facilítalle a mobilidade do seu persoal dun xeito seguro, permitindo ofertar aos seus clientes un espazo seguro e permanente donde sempre atopará a súa información, ainda que perda a que vostede lle enviou previamente por email asinada electrónicamente.


Plena integración

Completa integración

A Plataforma ecoPFN intégrase de maneira sinxela na súa web e/ou acóplase con outras aplicacións da súa empresa como o ERP ou outras ferramentas de xestión, facilitando a publicación de información asinada electrónicamente e/ou cifrada de xeito automatizado.

A Plataforma ecoPFN é unha aplicación de código aberto (excepto as librerías licenciadas), polo que vostede poderá adaptalo de maneira absoluta ás necesidades da súa empresa, así como integrala, en caso de dispoñer del, no seu actual entorno de intranet privada.

Ofrecémoslle a ferramenta perfecta coa que completar a súa intranet productiva e mellorar a súas relacións con clientes e proveedores.

Castellano Galego