Plataforma ecoPFN

Servidor ASP

Servidor ASP

Esta é unha aplicación moi recomendada para aquelas empresas que prefiran evaluar o funcionamento da plataforma durante un tempo antes de decidirse pola súa compra, así como para as empresas que non dispoñan dunha infraestructura de servidores e non desexen realizar ese investimento polo momento.

Escollendo esta modalidade, a súa empresa poderá disfrutar dun excelente servizo e da mellor relación de calidade/custo cuns completos servizos adicionais.


Cómo funciona esta modalidade?

Deseñamos este servizo para que vostede se desentenda da xestión, configuración e mantemento da Plataforma ecoPFN e simplemente precise traballar sobre ela deixando a un lado a parte técnica do seu funcionamento.

Tamén está pensada para que vostede disfrute do seu uso durante o tempo que desexe e unha vez convencido da súa gran utilidade decida instalala nos seus servidores.

Nesta modalidade os nosos expertos encargaranse da instalación da Plataforma ecoPFN nos nosos servidores, así como da configuración dun entorno SSL de traballo coa protección de certificados dixitais validados. Do mesmo xeito, disporá en todo momento da última versión da plataforma de xeito gratuito, vostede só ten que preocuparse de poñer a disposición dos seus clientes os documentos ou facturas que desexe compartir.

Se vostede dispón dun certificado propio, poderemos instalarllo e configuralo, do mesmo xeito que personalizaremos o seu entorno según a identidade corporativa da súa empresa.

Esta modalidade non limitará en gran medida a integración das súas aplicacións coa plataforma de firma e cifrado, e tanto ESecure como ecoFactura e ecoAsesoría manterán a plena integración.

Listado de características

Disporá dun espazo en disco inicial de 500 MB que poderá ampliar cando desexe en fracións de 100 megas adicionais.

Poderá dispoñer dun applet para sinatura dixital no cliente, sen necesidade de remitir ningunha información dos seus certificados ao servidor.

Poderá configurar a plataforma para permitir o acceso dos seus usuarios usando un certificado ou tarxeta de empresa, simplemente remítanos o seu CA e llo instalaremos nós mesmos.

Poderemos configurarlle as aplicacións ecoFactura e ecoAsesoría para que se integren plenamente na Plataforma ecoPFN.

Poderá solicitar un sistema de copias de seguridade incremental da información que almacene no seu espazo de usuario no que poderá recuperar os documentos que foran eliminados ou modificados nos anteriores 7 días.

Poderemos configurarlle a súa actual web de empresa para que acceda directamente a súa Plataforma ecoPFN sen necesidade de pasos intermedios.

Poderemos adaptar a plataforma según a imaxe e deseño actual da súa web ou adaptala a identidade gráfica da súa empresa.

Poderemos realizar modificacións nas funcionalidades para engadirlle novas características de uso que vostede precise.

Poderemos configurarlle a relación de usuarios, grupos e permisos para quenes vaian a usar a plataforma.

Castellano Galego